Thu May 30 2024 11:20:18 GMT+0200 (hora de verano de Europa central)

This commit is contained in:
Ana Iglesias Duran 2024-05-30 11:20:19 +02:00
parent 7e6c414715
commit 2d5921fd60
16 changed files with 16 additions and 0 deletions

1
01/26.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 26 Pero non me convidaron a min, o teu servo, nin ao sacerdote Sadoc, nin a Benaías, fillo de Iehoiadá, nin ao teu servo Salomón. \v 27 Ordenou o meu señor o rei isto sen que informes aos teus servos quen sentará no trono do meu señor o rei despois del?

1
01/28.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 28 Entón respondeu o rei David, e dixo: -Chamádeme a Batseba! E ella entrou onda o rei, e púxose diante do rei. \v 29 E o rei xurou, e dixo: -Como vive Iahveh, que rescatou a miña alma de toda anguria, \v 30 que así como che xurei por Iahveh, Deus de Israel, dicindo: "O teu fillo Salomón reinará despois de min, e el sentará no meu trono en meu lugar, así fareino hoxe." \v 31 Entón Batseba prostrouse diante do rei co seu rostro en terra, e prostrouse diante do rei, e dixo: -Viva o meu señor o rei David para sempre!

1
01/32.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 32 E o rei David dixo: -Chamádeme ao sacerdote Sadoc, ao profeta Natán e a Benaías, fillo de Iehoiadá. E eles entraron diante do rei. \v 33 E o rei díxolles: -Levade con vós os servos do voso señor, e montade ao meu fillo Salomón na miña mula, e baixádeo a Guihón; \v 34 E alí o sacerdote Sadoc e o profeta Natán unxirano por rei sobre Israel; e tocade o shofar, e berrade: viva o rei Salomón!

1
01/35.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 35 E seguirédelo, e el virá e sentará no meu trono, e el reinará por min, porque eu escollino para que sexa príncipe sobre Israel e sobre Xudá. \v 36 E Benaías, fillo de Iohiadá, respondeu ao rei e dixo: -Amén; así diga Iahveh, Deus do meu señor o rei. \v 37 Como Iahveh estivo co meu señor o rei, así sexa con Salomón, e faga maior o seu trono que o trono do meu señor o rei David.

1
01/38.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 38 E Sadoc o sacerdote, e Natán o profeta, e Benaías, fillo de Iohiadá, e os cereteos e os peleteos baixaron e montaron a Salomón na mula do rei David, e levárono a Guihón. \v 39 E o sacerdote Sadoc colleu o corno de aceite do tabernáculo, e unxiu a Salomón; e tocaron o shofar, e todo o pobo dixo: -Viva o rei Salomón! \v 40 E todo o pobo subiu detrás del, e o pobo cantaba con frautas e facía tan grande festa que era coma se a terra afundira cos seus berros.

1
01/41.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 41 E Adonías e todos os convidados que estaban con el escoitaron iso cando remataron de comer. Ao ouvir Ioab o son do shofar, dixo: -Por que está a cidade con tanta ledicia e algueirada? \v 42 Mentres el aínda estaba a falar, velaí que chegou Ionatán, fillo do sacerdote Abiatar, e Adonías díxolle: -Entra, porque ti es un home valente, e traes boas novas.

1
01/43.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 43 E Ionatán respondeu e dixo a Adonías: -En verdade o noso señor o rei David fixo rei a Salomón. \v 44 E o rei mandou con el o sacerdote Sadoc, o profeta Natán, e a Benaías, fillo de Iohiadá, tamén os cereteos e os peleteos, e eles montárono na mula do rei; \v 45 e o sacerdote Sadoc e o profeta Natán unxírono por rei en Guihón, e subiron de alí con ledicia, e a cidade está chea de ledicia. Esta é a algueirada que escoitastes.

1
01/46.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 46 Ademais, Salomón sentouse no trono do reino. \v 47 E tamén os servos do rei viñeron bendicir ao noso señor o rei David, dicindo: que Deus faga bo o nome de Salomón máis que o teu nome, e faga maior o seu trono que o teu. E o rei adorou na súa cama. \v 48 E tamén dixo así o rei: -Bendito sexa Iahveh, Deus de Israel, que me deu hoxe alguén para sentar no meu trono, e vírono os meus ollos.

1
01/49.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 49 Entón todos os convidados que estaban con Adonías tremeron, e erguéronse e fóronse cada un polo seu camiño. \v 50 Pero Adonías, tendo medo de Salomón, ergueuse e foise agarrar aos cornos do altar. \v 51 E informáronlle a Salomón, dicindo: -Velaquí, Adonías ten medo do rei Salomón e agarrouse dos cornos do altar, dicindo: xúrame hoxe rei Salomón que non matará o seu servo a espada.

1
01/52.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 52 E Salomón dixo: -Se é un home nobre, nin un só dos seus cabelos caerá a terra; pero se se atopa maldade nel, morrerá. \v 53 O rei Salomón mandou que o fixeran baixar do altar; e el veu e prostrouse diante do rei Salomón. Entón Salomón díxolle: -Vaite para a túa casa.

1
02/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 2 \v 1 Cando se achegaban os días da súa morte, David mandou ao seu fillo Salomón, dicindo: \v 2 Eu vou no camiño de todos os que están na terra; sé forte e sé un home. \v 3 Garda os preceptos de Iahveh o teu Deus, camiñando nos seus camiños, e gardando os seus estatutos, mandamentos, decretos e testemuños, conforme o que está escrito na lei de Moisés, para que prosperes en todo o que fagas e en todo o que emprendas; \v 4 para que Iahveh confirme a palabra que me falou, dicindo: "Se os teus fillos gardan o meu camiño, camiñando en verdade diante de min con todo o seu corazón e con toda a súa alma, non che faltará nunca un descendente no trono de Israel."

1
02/05.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 5 Agora, ti tamén sabes o que me fixo Ioab, fillo de Sarvia, o que fixo a dous xenerais do exército de Israel, a Abner, fillo de Ner, e a Amasa, fillo de Ieter, e como os matou, derramando en tempo de paz sangue de guerra, e poñendo sangue de guerra no cinto que tiña nos seus lombos e no calzado que tiña nos seus pés. \v 6 Ti, pois, farás conforme a túa sabedoría; non permitirás que as súas canas baixen en paz ao Sheol.

1
02/07.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 7 Mais amosarás misericordia aos fillos de Barlaizi galedita, para que sexan dos que son convidados á túa mesa, porque eles viñeron a min e puxéronse ao meu carón cando eu fuxía do teu irmán Absalom.

1
02/08.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 8 Tamén tes contigo a Simei, fillo de Guera, fillo de Benxamín, de Bahurim; el maldiciume cunha maldición cruel o día que ía a Mahanaím. Pero el baixou ao meu encontro ao Xordán, e eu xureille por Iahveh, dicindo: non te matarei a espada. \v 9 Pero agora non o absolverás, pois ti es un home sabio e sabes o que debes facer con el, e farás descender as súas canas con sangue ao Sheol.

1
02/10.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 10 E David durmiu con seus pais, e foi sepultado na súa cidade. \v 11 Os días que David reinou sobre Israel foron corenta anos: sete anos reinou en Hebrón e trinta e tres anos reinou en Xerusalém. \v 12 E Salomón sentou no trono do seu pai David, e o seu reino foi firme en gran maneira.

1
02/13.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 13 Pero Adonías, fillo de Haguit, foi onda Betsabé, nai de Salomón, e ela díxolle: -Vés en paz? E el dixo: -veño en son de paz. \v 14 E engadiu: -Teño unha palabra para ti. E ela dixo: -Di. \v 15 E el dixo: -Ti sabes que o reino era meu, e que todo Israel tiña posta a súa mira en min para que eu reinase; pero o reino cambiou de mans e veu ser do meu irmán, pola decisión de Iahveh é seu.